Sábado de Piñata
O pasado 28 de febreiro, celebrouse no centro social de Contra Vento e Marea a festa do sábado de Piñata con dous bailes de Entroido.
O pasado 28 de febreiro, celebrouse no centro social de Contra Vento e Marea a festa do sábado de Piñata con dous bailes de Entroido.
As seis da tarde tivo lugar o baile infantil, no que numerosos cativos acudiron a cita onde bailaron, xogaron e disfrutaron ata pasadas xa as nove da noite. Como de costume, á entrada do baile foilles entregada unha bolsa sorpresa, con xoguetes e larpeiradas que fixeron as delicias de todos eles.
Un pouco pasadas as doce na noite, comezou o agardado baile de máscaras, que se caracterizou un ano máis pola gran afluencia de socios.
Sobre as tres da mañá, tivo lugar o concurso de disfraces, para o cal se organizou un desfile con tódolos inscritos, tanto para que fosen ven vistos polo público, como valorados polo xurado que estivo composto por membros das orquestras participantes no baile, os premios otorgaronse en tres categorias, individuais, parellas e grupos
Hiroshima e Midas
Hiroshima e Midas foron as orquestras encargadas de animar o cotarro, a xente pasouno moi ben e os músicos disfrutaron tocando, pois o público estaba moi animado e entregado, sobre todo no transcurso dos pases de Hiroshima, non en vano, o seu cantante Diego Dasilva Fructuoso, e veciño do noso barrio e socio dende hai xa moitos anos, polo que todos os seus amigos, familiares e veciños de A Laxe en xeral, estaban presentes neste seu tan agardado debut na Laxe.
O baile prolongouse ata altas horas da madrugada, ao grito de “outra, outra”, Hiroshima con Diego á cabeza tiveron que cantar unha e outra vez ata rematar practicamente esgotados. Iso si, o chocolate con bizcoitos servido aos asistentes por xentileza da asociación, axudou de maneira notable a repoñer rapidamente as forzas.
-
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Gracias por participar no Blog de Contra Vento e Marea
Os teus comentarios son imprescindibles para que esta máquina sega a funcionar.
A Xunta Directiva.