1/4/09

Tal día como hoxe

_
01/04/1188 - Inauguración do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela
01/04/2001 - Morre Marino Dónega (escritor, académico e galeguista)
03/04/2001 - Morre Francisco Mantecón (publicista)
05/04/1896 - Nace en Ourense Ben-Cho-Sey (Xosé Ramón e Fernández-Oxe,. escritor e xornalista)
05/04/1979 - Morre na Coruña Luis Seoane (pintor, poeta e ensaísta)
06/04/1964 - Constitúese o Instituto José Cornide de Estudos na Coruña
04/04/1975 - Primeira sentenza en galego ditada pola Audiencia Territorial da Coruña
07/04/1963 - Créase a Fundación Penzol
09/04/1842 - Nace en Mondoñedo Pascual Veiga (compositor e director entre outras da Alborada Galega)
10/04/1976 - Morre en Ourense Ramón Otero Pedrayo (escritor e intelectual)
12/04/1972 - Morre Manuel García Barros (escritor, mestre e xornalista)
13/04/1840 - Nace en Lugo Juan Montes Capón (músico)
18/04/1978 - Constitúese a primeira Xunta de Galicia
20/04/1467 - Comeza a Revolta Irmandiña
22/04/1977 - Créase o Padroado do Museo do Pobo Galego
23/04/1846 - Batalla de Cacheiras (concello de Teo)
23/04/1963 - Fúndase Edicións do Castro
25/04/1954 - Inauguración do aeroporto de Peinador de Vigo
26/04/1846 - Mártires de Carral (acoruña)
27/04/1979 - Ábrese á circulación o tramo A Coruña-Compostela da Autopista do Atlántico
28/04/1981 - Publícase o Estatuto de Autonomía de Galicia
28/04/1988 - Créase Edicións do Cumio
29/04/1985 - Inaugúrase a Radio Galega
30/04/1963 - Morre en Ourense Vicente Risco (intelectual e teórico do nacionalismo)
_

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Gracias por participar no Blog de Contra Vento e Marea
Os teus comentarios son imprescindibles para que esta máquina sega a funcionar.

A Xunta Directiva.

ir arriba