14/3/09

Santa Marta 2008


Santa Marta 2008 foi como cabía de esperar un éxito de actividades e público. As xornadas de celebración comezaron o venres día 25 co arranque dos campionatos "Contra Vento e Marea" de Fútbol 3 e Ping-Pong, Xa pola noite, os máis novos puideron difrutar no centro cultural dunha Festa House organizada polos membros máis novos da nosa directiva e que estivo amenizada por DjotaDj.

O sábado foi o día no que se disputaron as finais dos campionatos. En Fútbol 3 a cousa estivo moi discutida ata o último segundo, no cal se impuxo finalmente o equipo “Latin King” formado por Carlos Dasilva, Jonathan Casariego e Toni Friera, quedando nun honroso segundo posto o equipo “Os de aquí”, formado por Juan Luis López, Gabriel López e Simón López, seguidos dos outros equipos entre os que tamén destacaron “Dinigón” e “Juan Voltage”.

O premio para o Pichichi do campionato estábase a disputar na mesma final deste, os dous mellores clasificados, Toni Friera e Juan Luis López, enfrontábanse de novo no último partido do campionato. Ao final, Toni Friera impúxose por un só gol de diferenza marcado nos últimos segundos do encontro.

No campionato de Ping-Pong, a cousa non foi para menos, senón máis ben todo o contrario. A final foi discutida punto por punto, chegando en varias ocasión aos puntos iguales e tendo que coller de novo vantaxe. De novo aquí, a partida votouse a favor de Antonio Friera Camino “Toni”, quen se proclamou gañador absoluto do campionato, seguido de Fernando Bispo Maneiro, que quedou nun segundo posto pero con con moitísimo sabor a vitoria, e de Carlos Dasilva que quedou terceiro na clasificación xeral.

Esa mesma xornada do sábado, aproveitárona algúns membros da xunta directiva para lavarlle un pouco a cara ao noso centro, tiveron que traballar contra reloxo pero ao final, todos estibemos de acordo en que o resultado obtido ben valeu a pena. Pola tarde chegou o momento dos preparativos da mexillonada e da troulada que vería logo pola noite, onde se elixiu por vez primeira o rei e maila raíña, máis “cachondos” das festas, resultando gañadores de esta primeira edición, Carlos Dasilva e Pili Fructuoso. A festa estivo amenizada polo trío Azabache de Pontevedra

O domingo, marcaron a xornada a solemne Misa na honra de Santa Marta e a tradicional Procesión polas rúas do barrio. Unha vez máis, puidemos contar no Santo Oficio co bo facer do Coro Santa Marta de A Laxe, e na procesión, co acompañamento do Grupo Folclórico Mocedade da Torre-83, os que unha vez rematada a procesión, fixeron unha brillante exhibición de baile tradicional nas instalacións do centro cultural, onde neses mesmos intres, os socios e veciños disfrutaban dunha agarimosa sesión vermout.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Gracias por participar no Blog de Contra Vento e Marea
Os teus comentarios son imprescindibles para que esta máquina sega a funcionar.

A Xunta Directiva.

ir arriba