O pasado mes de outubro de 2008, Contra Vento e Marea organizou a súa primeira viaxe. Como primeiro destino, queriamos buscar un lugar que lembrase o motivo polo cal se puxo en marcha esta asociación, un destino que fose á vez cultural, relixioso e lúdico, e sinceramente, pensamos que acertamos de cheo.
Viaxar a Fátima é toda unha experiencia que recomendamos a todas e a todos os que aínda non coñecen este santuario portugués. O bo tempo acompañounos en toda a viaxe, e os comentarios de que tiñamos que repetir a experiencia foron os máis escoitados.
A imaxe que acompaña o artigo, foi tomada nas instalacións do Hotel, tratase dunha Villa a beira dunha fermosa praia e conta cun impresionante parque acuático para os clientes, a foto foinos cedida moi amablemente polo noso socio D. Ramón Encisa Fraga.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
Gracias por participar no Blog de Contra Vento e Marea
Os teus comentarios son imprescindibles para que esta máquina sega a funcionar.
A Xunta Directiva.