O pasado 9 de novembro, a nosa asociación viviu unha xornada do máis divertida e participativa.
A partires das seis e media da tarde, os membros do taller de teatro Clámide trouxéronnos de novo o seu humor limpo e inxenioso, ao través da representación da obra teatral, “Los hijos artificiales” unha divertida e hilarante historia que hai anos puidemos ver no cine e na televisión da man do gran Paco Martínez Soria, baixo o título “Vaya par de gemelos”.
Unha vez máis, eloxiar dende aquí o bo facer dos compoñentes de Clámide, que ano tras ano son capaces de sorprendernos coas súas representacións cheas de profesionalidade e feitas sempre dende un punto de vista de humor alegre e divertido.
A continuación, demos paso a celebración do Magosto, actividade que Contra Vento e Marea ven realizando dende hai máis de dúas décadas, e onde tódolos asistentes puideron degustar empanada e ricas castañas asadas, que se fixeron máis saborosas e reconstituíntes ca nunca debido a fría xornada vivida ese segundo domingo de novembro.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
Gracias por participar no Blog de Contra Vento e Marea
Os teus comentarios son imprescindibles para que esta máquina sega a funcionar.
A Xunta Directiva.