Como cada ano, o seis de xaneiro foi unha data especial na nosa asociación, a visita das súas Maxestades os Reis Magos, revolucionou a cativos e non tan cativos. A súa chegada foi agardada con impaciencia por parte dos compoñentes que formaban o nacemento vivinte, aínda que todo sexa dito, mentres agardaba, o neno Xesús quedouse durmido nun par de ocasións.
No seu discurso, o Rei Melchor desculpouse se alguén dos presentes non había recibido o agasallo agardado, e achacouno á crise económica que estamos a vivir e que tamén afectou este ano ás súas Maxestades.
Pola súa banda, Gaspar dou as gracias aos presentes por habelos agardado con paciencia despois do longo percorrido que tiveran a noite anterior e comprometeuse a volver o vindeiro ano.
Unha vez rematados os discursos, os Reis agasallaron a todos con caramelos e saborosos pasteis que fixeron as delicias dos presentes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Gracias por participar no Blog de Contra Vento e Marea
Os teus comentarios son imprescindibles para que esta máquina sega a funcionar.
A Xunta Directiva.