O gato da terra da Laxe (Himno non oficial)



Xuntáronse catro un día,
os millores deste barrio,
mataron un gato a tiros
e o meteron nun saco.
Vai o gato metido nun saco,
vai o gato prá terra da Laxe;
vai o gato metido nun saco,
ai, gatiño! xa non volve máis.

Que mal lles parecería
a calquera deses catro,
que os meteran nun saco
como meteron o gato.
Vai o gato metido nun saco,
vai o gato prá terra da Laxe;
vai o gato metido nun saco,
ai, gatiño! xa non volve máis.

Aquel gato era un artista,
traballaba na ribeira,
agora é un bañista
na praia da Castiñeira
Vai o gato metido nun saco,
vai o gato prá terra da Laxe;
vai o gato metido nun saco,
ai, gatiño! xa non volve máis.

Para que o noso socio e amigo Carmelo Alonso e máis vos, aprendades a letra e a poidades cantar con nós.

(Tamén podes escoitar a cantiga orixinal do grupo "A Roda" clicando no play)

ir arriba