
A Real Academia Galega, acordou dedicar o día das Letras Galegas 2009 a figura do escritor, ensaísta e tradutor Ramón Piñeiro López
Segundo di a Real Academia, os seus traballos sobre pensamento e filosofía, dedicados maioritariamente a " saudade", así como as súas traducións supuxeron un "paso decisivo" para a normalización do galego como lingua con capacidade para expresarse en todos os campos do saber.
Ramón Piñeiro naceu en Láncara (Lugo) o 31 de maio de 1915. Mentres estudaba o bacharelato superior en Lugo, ingresou nas xuventudes do Partido Galeguista, onde moi pronto destacou a pesares da súa timidez. Coñeceu entonces a Ramón Otero Pedrayo (1988-1976), e chegou a ser elixido secretario do comité provincial para o plebiscito do Estatuto de Autonomía de Galicia, en 1936. Loitou na guerra civil no bando nacional, e ao terminar a guerra realizou estudos de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Dende 1943 participou na reorganización clandestina do Partido Galeguista. Detido en 1946, permaneceu tres anos en prisión. Ao saíres do carcel establecese en Santiago, defendendo a loita cultural fronte á política, en pleno enfrontamento entre os galeguistas do exilio, radicados sobre todo en Arxentina. Interveu activamente na auto disolución do Partido Galeguista e en 1950 foi o representante máis destacado do grupo que fundou a editorial Galaxia, que en pleno franquismo, comezou a publicar os seus libros en galego e sobre temas relacionados con Galicia. El mesmo dirixiu a editorial e traballou nela ata 1966.
En 1966 trasladouse a estados Unidos, como profesor invitado da Universidade de Middlebury, en Vermont. O 25 de novembro de 1967 ingresou na Real Academia Galega co discurso “A lingoaxe u as lingoas” que foi respondido polo médico Domingo García-Sabell, membro tamén da xeración Galaxia.
Durante o franquismo, determinados ideólogos de certo galeguismo asociado a utópicas revolucións socialistas con claras pretensións marxistas, pero que, a pesares de facer apoloxía literaria, apenas chegaron a practicar o terrorismo efectivo, foron especialmente crueis con Ramón Piñeiro e co grupo conservador representado por Galaxia. Non só acusaban a Piñeiro de anticomunista, senón que incluso presupoñían que era un axente da CIA.
A obra escrita por Ramón Piñeiro non é abundante, e case toda centrase na nebulosa filosofía da saudade. A resposta o 20 de xuño de 1980 ao discurso de ingreso na Real academia Galega do clérigo católico Andrés Torres Queiruga, levaba por título “Nova aproximación a unha filosofía da saudade”. No ano 1985, Piñeiro recibiu a Medalla Castelao.
Co restablecemento da democracia formou parte do primeiro parlamento autonómico como deputado pola provincia da Coruña, como independente dentro das listas do PSdG Partido Socialista de Galicia. En 1983 foi elixido primeiro presidente do Consello da Cultura Galega, cargou que desempeñou ata o seu falecemento o 27 de agosto de 1990, a consecuencia dunha insuficiencia hepática. O 11 de febreiro de 1993 o Presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga Iribarne, asinou o decreto 25/1993 polo que se creaba o Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, institución que polo decreto 330/1997 pasou a denominarse, o 13 de novembro de 1977, como Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
-
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Gracias por participar no Blog de Contra Vento e Marea
Os teus comentarios son imprescindibles para que esta máquina sega a funcionar.
A Xunta Directiva.