O vindeiro domingo día 2 de agosto, celebraremos como cada ano a festividade da patroa da nosa asociación, Santa Marta.
Os actos comezarán o mércores 29 as oito da tarde, a esa hora, celebrarase unha misa con motivo do día de Santa Marta, e será organizada pola Comisión Relixiosa da capela de A Laxe.
O sábado día 1, o grupo de gaitas “Mocedade da Torre-83” será o encargado de realizar unha fantástica alborada polas rúas máis céntricas do barrio.
Finalmente o domingo día 2 de agosto, ás 12.00h. Celebrarase na capela a Misa e Procesión na honra de Santa Marta. No transcurso da cerimonia, que estará acompañada polo coro “Santa Marta” da Laxe, celebraranse un ano máis as primeiras comuñóns dos nenos e nenas que cada domingo acoden a catequese impartida na capela do barrio. Seguidamente, sairá a tradicional procesión, acompañada neste caso, polo grupo de gaitas “Os Xirifeiros” de Carril.
Ao finalizar a procesión, celebrarase no centro social unha agarimosa sesión vermú, na que non fallará a música, unha boa tapa de empanada e o boa compañía que sempre caracterizou aos veciños e veciñas da Laxe.
Sen máis, soamente nos falla dar as gracias á Concellería de Cultura de Vilagarcía de Arousa pola súa inextimable colaboración.
Sen máis, soamente nos falla dar as gracias á Concellería de Cultura de Vilagarcía de Arousa pola súa inextimable colaboración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Gracias por participar no Blog de Contra Vento e Marea
Os teus comentarios son imprescindibles para que esta máquina sega a funcionar.
A Xunta Directiva.