1/4/10

Asembleas Ordinaria e Extraordinaria do 30 de marzo de 2010.


Na asemblea extraordinaria de socios/as celebrada o pasado día 30 de marzo, elixiuse á nova Xunta Directiva que levará o temón da nosa asociación como mínimo ata o ano 2012. Para coñecer a composición da nova Xunta, só tes que entrar na sección “Xunta Directiva” no menú superior do blog ou premer en “ Xunta Directiva 2010/2012

Tamén nesa mesma data, celebrouse a asemblea ordinaria na que se presentou unha memoria de actividades, o balance de contas e un informe de altas e baixas, todos eles do pasado exercicio 2009.

Segundo recollen os estatutos da nosa asociación, os intereses da mesma son a procura do benestar social, cultural, recreativo e lúdico dos nosos asociados e asociadas. Por isto, en recentes conversas coa Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia, por mor da inclusión da Banda de Bombos e Tambores no Plan Cultural da Deputación e a alta da Área de Xuventude no Censo de Entidades Xuvenís da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, acordouse por parte da Xunta Directiva poñer en marcha unha serie de áreas que dalgún xeito traballen na posta en marcha de novas actividades que poidan ser do interese do maior número de asociados e asociadas posible.

Polo anteriormente exposto, a directiva dou lectura dunha folla de ruta, na que se recollen varios dos proxectos nos que centrarán a súa labor nos próximos dous anos e dos que cabe subliñar os seguintes.

As novas áreas de traballo que se sumarán a xa existente de “Xuventude”, serán as de “Muller” e a de “Menores”. Ase mesmo, estase a traballar na creación dunha área de “Maiores” e dun área específica encargada dos “problemas sociais e necesidades xerais do barrio de A Laxe”. Tamén seguirá sendo prioritario no presente mandato, como xa o ben sendo dende hai algúns anos, a procura de axudas para o arranxo do centro cultural da nosa asociación, que tras 31 anos de existencia, necesita dunha forte inversión para poder contar cunhas instalacións axeitadas para as actividades que nel se están a levar a cabo.

Outras dúas áreas, a de “charlas e conferencias” e a de “novas tecnoloxías” serán as encargadas de buscar aquelas conferencias ou charlas que sexan de maior interese para os nosos socios, así como de crear una arquivo de material audiovisual relacionado coa asociación, o barrio, a cultura galega en xeral, e a do noso concello e bisbarra en particular.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Gracias por participar no Blog de Contra Vento e Marea
Os teus comentarios son imprescindibles para que esta máquina sega a funcionar.

A Xunta Directiva.

ir arriba