O que en etnografía se chama “ciclo de maio” son unha serie de ritos, cultos e cerimonias moi antigos e de diversa orixe (celtas, gregas, romanas e medievais) que se celebraban por toda Europa en torno ás datas próximas ao primeiro de maio.
Estes cultos e cerimonias tiñan como motivo o celebrar a chegada do bo tempo, así como propiciar boas colleitas e espantar as pragas contra os animais e os maleficios contra a xente.
Pero ¿cales son os ritos que aínda se conservan ou se conservaron ata fai pouco no noso concello? Deixando a un lado os “Maios” que todos coñecemos e nos que somos especialistas todos os da Laxe, no noso barrio ó mesmo que en todo o concello, tamén se facían ou fan as seguintes cousas con motivo da chegada da primavera.
ALUMEA-LO PAN. Consistía en que as familias campesiñas facían unha fogueiriña pequena naquelas leiras onde tiñan plantado o centeo, o trigo ou o millo, ao tempo que recitaban algunha fórmula como esta, para que as espigas creceran ben gordas:
BENDICIÓN DOS CAMPOS. Antes en todas as casas había unha botella con auga bendita, que se collía na igrexa durante a Semana de Paixón, e tamén un ramo de loureiro ou de oliveira que se levara a bendicir o Domingo de Ramos. Con esta auga e co ramo, a xeito de hisopo, íanse bendicindo todas as leiras da casa para protexelas contra as treboadas e, especialmente, contra os animais daniños, ao tempo que se recitaban cousas como esta:
POSTA DE RAMOS. É a tradición máis estendida dentro deste “ciclo de maio”. Consiste na colocación dun ramallo de xesta na porta da casa, na da corte das vacas, no xugo do carro dos bois e mesmo nos barcos. Modernamente o costume ampliouse e tamén se colocan nos parachoques dos coches e nas motos. Acostúmase poñela o último día de abril, pola noite, ou o primeiro de maio pola mañá cedo. Serve para protexer ás persoas, ao gando e as propiedades contra calquera maleficio, especialmente o mal de ollo.
A FARSA DOS BOIS. Consistía esta tradición en que o día un de maio saía á rúa un grupo de mozos e facían a seguinte escenificación: dous mozos ían axugados (a un xugo do das vacas) e cubertos con pelicas de vaca e outro mozo, cunha aguillada e termando dunha corda, íaos guiando. Os que facían de vacas (ou bois) levaban uns cornos na cabeza e escorneaban á xente e tentaban levantarlle as faldras ás mulleres. O que os guiaba trataba de calmalos e de que seguiran o camiño, pero non había maneira. E así todo o día.
Foi unha mágoa que esta escenificación se perdera, hai xa moitos anos, pois era unha das escasísimas mostras de teatro popular tradicional (fóra do marco relixioso) que quedaban en Galicia.

Alumea pan, alumea pan,
pola noite, e pola mañán;
cada espiguiña, o seu toledán.
Válate María, e válate San Xoan
BENDICIÓN DOS CAMPOS. Antes en todas as casas había unha botella con auga bendita, que se collía na igrexa durante a Semana de Paixón, e tamén un ramo de loureiro ou de oliveira que se levara a bendicir o Domingo de Ramos. Con esta auga e co ramo, a xeito de hisopo, íanse bendicindo todas as leiras da casa para protexelas contra as treboadas e, especialmente, contra os animais daniños, ao tempo que se recitaban cousas como esta:
La bendición yo te doyAS CRUCES. Consistían nunha cruz cuberta de fiúncho e flores e que se transportaba agarrándoa coas mans. Levándoa adoitaban ir unha ou dúas persoas que ían polas casas pedindo “unha limosniña para a Santa Cruz”. Saían o día 3 de maio e as últimas que se viron foron en Carril, na década dos sesenta do pasado século.
en tal día como hoy.
Vaite sapo, vaite rato,
cada ún ó seu burato.
vaite, mala perdición,
que aí vos vai auga bendita
co seu ramo de pasión.
Co poder de Dios
e da Virxe María,
un Padre Nuestro
e un Ave María.
POSTA DE RAMOS. É a tradición máis estendida dentro deste “ciclo de maio”. Consiste na colocación dun ramallo de xesta na porta da casa, na da corte das vacas, no xugo do carro dos bois e mesmo nos barcos. Modernamente o costume ampliouse e tamén se colocan nos parachoques dos coches e nas motos. Acostúmase poñela o último día de abril, pola noite, ou o primeiro de maio pola mañá cedo. Serve para protexer ás persoas, ao gando e as propiedades contra calquera maleficio, especialmente o mal de ollo.
A FARSA DOS BOIS. Consistía esta tradición en que o día un de maio saía á rúa un grupo de mozos e facían a seguinte escenificación: dous mozos ían axugados (a un xugo do das vacas) e cubertos con pelicas de vaca e outro mozo, cunha aguillada e termando dunha corda, íaos guiando. Os que facían de vacas (ou bois) levaban uns cornos na cabeza e escorneaban á xente e tentaban levantarlle as faldras ás mulleres. O que os guiaba trataba de calmalos e de que seguiran o camiño, pero non había maneira. E así todo o día.
Foi unha mágoa que esta escenificación se perdera, hai xa moitos anos, pois era unha das escasísimas mostras de teatro popular tradicional (fóra do marco relixioso) que quedaban en Galicia.
Carlos Rey Cebral
"Xandrolas"
-
"Xandrolas"
-
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Gracias por participar no Blog de Contra Vento e Marea
Os teus comentarios son imprescindibles para que esta máquina sega a funcionar.
A Xunta Directiva.