01/05 – Celebración da Festa de Maios tradicionais.
01/05/2009 – Coa deste ano, a asociación cultural Contra Vento e Marea de A Laxe leva participados 28 anos consecutivos na mostra celebrada en Vilagarcía de Arousa.
01/05/1800 - Sae á rúa o primeiro número do periódico El Catón Compostelano, primeira publicación periódica de Galicia
02/05/1988 - Morre en Madrid Ben-Cho-Sey (Xosé Ramón e Fernández-Oxe, escritor e xornalista)
05/05/1963 - Abre a Biblioteca Penzol
06/05/899 - Afonso III o Magno funda a Catedral de Santiago
08/05/1890 - Primeiro discurso de tema intelectual en galego pronunciado por Alfredo Brañas
11/05/1916 - Nace Camilo José Cela (escritor natural de iria Flavia. Premio Nobel de literatura en 1989 e Premio Cervantes en 1995)
12/05/1921 - Morre Emilia Pardo Bazán (escritora filla dos condes de Pardo Bazán)
15/05/1492 - Fúndase o Hospital Real de Santiago
16/05/1984 - Constitúese a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística
17/05 – Celebración do Día das Letras Galegas
17/05/1833 - Nace en Arteixo Manuel Martínez Murguía (historiador casado coa poetisa Rosalía de Castro)
17/05/1863 - Primeira edición en Vigo de Cantares Gallegos
18/05/1916 - Créase a primeira Irmandade da Fala na Coruña
18/05/1970 - Fúndase no Castro de Samoedo, Sada (A Coruña) o Museo Maside de Arte Contemporánea
21/05 – Celébrase o Día Internacional do Desenvolvemento Cultural
22/05/1888 - Primeiras probas de iluminación eléctrica en Pontevedra
22/05 – Festa de Santa Rita de Casia, patroa de Vilagarcía de Arousa
23/05/1622 - Despréndese o botafumeiro da Catedral de Santiago
24/05/1963 - Inaugúrase na Coruña o Aeroporto de Alvedro
26/05/1899 - Nace en Soutelo de Montes (Pontevedra) Avelino Cachafeiro Bugallo (fillo e neto de gaiteiros, elixido mellor gaiteiro de Galicia en 1924. En 1969 escribiu o libro Voando cas Aas do vento
31/05/1915 - Nace en Láncara Ramón Piñeiro (escritor e promotor da cultura galega, fundador da revista Mocedade Galeguista e da editorial Galaxia
-
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Gracias por participar no Blog de Contra Vento e Marea
Os teus comentarios son imprescindibles para que esta máquina sega a funcionar.
A Xunta Directiva.