A asociación sociocultural recreativa de A Laxe "Contra Vento e Marea", fundouse no ano 1979 pola iniciativa do por aquel entonces cura do lugar D. Daniel Espiño Otero, durante moitos anos, esta asociación foi todo un referente para as demais asociacións da comarca do Salnés. Como ocorre en moitas ocasións neste tipo de proxectos, despois de moitos anos de variada e continua actividade, caeu como outras moitas asociacións nunha crises pola que estivo a piques de pechar as súas portas nun par de ocasións.
No ano 1998, facendo gala do nome da asociación, comezou unha nova etapa na que día a día estamos a traballar para devolverlle a importancia e o dinamismo que merece pola súa historia, pois non debemos esquecer en ningún momento, que estamos a falar da asociación cultural de barrio máis antiga de Vilagarcía.
No ano 2004, coincidindo co 25 aniversario da nosa asociación, saíu a luz a nosa revista informativa “Os Laxeiros” a cal está a ter un grande éxito entre os nosos asociados. Agora xa no ano 2009, coincidindo coa celebración do 30 aniversario, a nosa asociación comeza a navegar pola rede. É un paso máis cara as novas tecnoloxías e unha excelente maneira de manter un contacto máis rápido con todos vos.
Xa só me queda como presidente da asociación, pero tamén no nome de tódolos compañeiros que formamos a xunta directiva, darlle a nosa máis cordial benvida a este blog informativo da nosa asociación, e invitalo a participar connosco a potenciar de maneira decisiva as relacións sociais e a divulgación da nosa cultura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Gracias por participar no Blog de Contra Vento e Marea
Os teus comentarios son imprescindibles para que esta máquina sega a funcionar.
A Xunta Directiva.